Entregousese, así mesmo, o Premio dos Clubs de Lectura 2026, que desta vez recaeu no escritor Manuel Rivas por ser o autor galego máis lido nos clubs de lectura no curso 2024/2025, tal e como se recolle na Resolución do 22 de abril de 2026, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado, Carlos Negro, María Reimóndez, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, Antía Yáñez, Manuel Núñez Singala, Arantza Portabales e Paula Carballeira.
A xornada comezou cunha conversa virtual co autor premiado, continuaremos coa intervención do mediador e coordinador do Premio Mandarache Alberto Soler, disfrutaremos dunha conversa arredor doutros clubs de lectura en librarías e bibliotecas públicas e unha charla sobre clubs de lectura fácil. Pola tarde tivemos sesións simultáneas coa experiencia de nove centros integrados no programa e a presentación da plataforma M8 por ler. O peche da xornada deu voz ás persoas que participan nos clubs de lectura.
Fonte: XVIII Xornada des Clubs de lectura
A esta xornada acudiu a coordinadora dos Clubs de Lectura, Pilar López.



Ningún comentario:
Publicar un comentario