O pasado martes, día 24 de febreiro, a rapazada do club de manga reuniuse para compartir a lectura dos volumes 9 e 10 de Guardianes de la noche.
Salvador Gómez de 1º ESO C deixou a súa reflexión.
Nestes dous volumes da historia hai moita acción e emoción. Tanjiro, Zenitsu e Inosuke seguen loitando contra demos moi fortes para protexer ás persoas. Tamén aparecen os Pilares, que son os cazadores de demos máis poderosos.
No volume 9 continúa a gran batalla no Tren Infinito. Rengoku demostra que é un personaxe moi valente e que nunca se rende. Aínda que loita con todas as súas forzas para defender aos demais, enfróntase a un demo moi poderoso e a batalla é moi dura.
No volume 10 vense as consecuencias do que pasou. Tanjiro e os seus amigos están moi tristes, pero tamén aprenden que ser un cazador de demos significa facer sacrificios e seguir adiante, mesmo nos momentos máis difíciles. Isto dálle máis forza a Tanjiro para continuar co seu obxectivo de derrotar a Muzan e atopar unha forma de devolverlle a súa irmá Nezuko a condición de humana.
O que máis me gustou foi a valentía de Rengoku e como nunca deixou de protexer ás persoas, aínda sabendo que corría un gran perigo. Tamén me gustaron as escenas de acción e a amizade entre os protagonistas.
Recomendaría este libro porque é moi entretido, ten moita aventura, personaxes interesantes e ensina valores como o esforzo, a amizade e a importancia de non renderse nunca.

Ningún comentario:
Publicar un comentario