Día das Bibliotecas. Club Lectura BalbordoProfeseFamilias




No día das Bibliotecas, 24 de outubro de 2025, o club de Lectura BalbordoProfeseFamilias estivo acompañado de Arantxa Portabales, quen compartiu algún secreto da escrita de Asasinato na casa rosa.

Ademais tamén nos desvelou o primeiro capítulo da súa seguinte novela que será publicada en abril de 2026 e que agardamos que nos volva acompañar na súa presentación.

A velada foi moi interesante. Moitas grazas, Arantxa por vires ata Monforte un ano máis.!!

Deixámosvos algunha fotografía e algún comentario feito por algún membro participante.

 






















Carlos Parada, director do IES Río Cabe, foi o encargado de agasallar a Arantxa Portables cun ramo de flores.









E como non podía ser doutra maneira, a autora asinou diferentes libros, dos/das participantes, da Biblioteca e do Club de Lectura Balbordo.

























Ningún comentario:

Publicar un comentario