O alumnado de 4º ESO representou unha adaptación da obra Noivos por Internet de José Cedena. Nesta ocasión foron os alumnos Miguel Rois, Naiala Rodríguez, Antía Sánchez, Sabela López e Manuel Álvarez quen representaron os personaxes de Picio, Leandra, Olvido, Herminia e Marcial respectivamente. Ademais Alicia Coba foi a encargada de presentar a peza teatral.
A esta representación acudiu o alumnado de 1º e 4º ESO.
A docente encargada deste grupo foi Anabel Álvarez Goyanes do Departamento de Plástica.
Se queres ver o vídeo da obra de teatro, pica neste enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=jYMr9RvWops
Parabéns a todos e a todas os/as participantes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario