O alumnado do club de lectura de 1º ESO formado por 2
rapaces e 7 rapazas tivo ocasión de compartir a experiencia da lectura desta
obra de Breogán Riveiro.
Todos eles e elas concordaron á
hora de cualificar esta lectura como triste, sobre todo ao inicio cando se
trata o falecemento dos pais do Tonecho e como ten que ir vivir cos seus avós a
unha aldea onde non hai rapazada da súa idade, polo que, pouco a pouco, vai
collendo confianza coas persoas máis maiores, ata que remata por adaptarse á
súa nova situación vital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario