O alumnado do club de lectura de 1º ESO formado por 9
rapaces e rapazas tivo ocasión de realizar unha lectura compartida da obra de
teatro Dormente de Raquel Castro
durante tres días consecutivos. A rapazada meteuse no papel de Dormente, das súas miñas
maxestades, de Amara e Xerlo, da vella, Branca, Toniño e, por suposto, de
Malévola.
Nesta ocasión cambiaron de
escenario, xa que saíron ao xardín do instituto para aproveitar o fresco da mañá
destes días tan calorosos.
Deixámosvos algunha fotografía dos diferentes días de lectura compartida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario