O mércores 19 de marzo de 2025 tivemos a honra de recibir, un ano máis, no noso instituto á poeta e profesora de Lingua Galega e Literatura, Olga Novo, para manter un encontro literario co alumnado de 2º de Bacharelato.
A autora compartiu experiencias sobre a súa chegada á poesía e a escrita desta. Tamén falou en detalle sobre as influencias que a marcaron ao longo dos anos nos seus poemas.
Olga leu textos de Luz Pozo Garza, Celso Emilio Ferreiro e Claudio Rodríguez Fer e dos cales nos ofreceu unha marabillosa explicación da relación tan estreita entre a poesía e o amor dende todas as súas perspectivas. Ademais gozamos da lectura de poemas da súa obra Feliz Idade, galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020.
Foi unha xornada moi enriquecedora para o alumnado o cal puido comprender mellor o contexto da súa obra e mellorar os seus coñecementos de cara a proba PAU de Lingua Galega e Literatura xa que Olga Novo é unha das autoras que deben estudar.
Sen dúbida, unha oportunidade única para profundar no mundo literario, especialmente na poesía e a reflexionar sobre o poder das palabras.
Moitas grazas, Olga! Agardamos verte de novo polo IES Río Cabe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario