Na noite do venres, día 31 de xaneiro de 2025, un numeroso grupo de profesores e profesoras compartiu mesa e mantel coa autora do libro Laura L. Drussetta e coa presidenta e secretario da Fundación Vicente Risco para comentar a lectura do libro Todo pasa.
Foi unha velada moi amena e interesante na que a autora, Laura L. Drusetta, compartiu o seu proceso de investigación histórica e como foi combinando a ficción e a realidade das historias que relata.
Moitas grazas a todas e a todos!
Ao rematarmos a cea e a posta en común da lectura de Todo pasa, a súa autora asinou e dedicou libros. Por suposto, para a Bibliocabe e para o Club de lectura Balbordo tivo palabras moi fermosas. Aí quedan as mostras
Ningún comentario:
Publicar un comentario