Club de manga Balbordo. Guardianes de la noche 1

 

























Este libro gústame polo seu mundo único, polos seus personaxes complexos e polo enfoque nos dilemas éticos profundos. Non é só un libro de fantasía, senón tamén que invita a pensar e a cuestionar a nosa comprensión da moralidade, o destino e o poder.

Unha das cousas que me atrapou na historia é como aborda o tema do poder. Gustoume porque vai máis alá de ser unha simple historia, porque  queda contigo facéndote pensar que é ser un heroe ou un vilán e como as nosas decisións condicionan as nosas vidas.

Beti

4º ESO PDC


Ningún comentario:

Publicar un comentario