Na mañá do venres, 19 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO B xunto coa súa profesora de Lingua Galega, Pilar López, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de María Reimóndez, Usha, acompañado dunha deliciosa bica.
Con esta obra o alumnado tivo ocasión de descubrir a
cultura popular da India, lugar a onde unha rapaza galega, Uxía, Usha para os
amigos, chega acompañando a súa nai que era membro dunha ONG.
A través dos ollos de Usha descríbesenos a súa
estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India, onde fixo
algunhas amizades, especialmente con Lakshmi e Deepak e puido coñecer novos
costumes e lendas e descubrir unha nova lingua: o canarés.
A xuntanza foi moi interesante e permitiunos comparar
moitos aspectos da cultura india e galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario