Nesta novela de Antón Lopo, que edita Galaxia, o protagonista é un home que retorna ó seu pobo natal (no que facilmente se poden adiviñar algúns trazos de Monforte) tras moitos anos de ausencia.
A volta sucede cando enferma a súa nai e tenta axudar á súa irmá puntualmente no coidado da proxenitora no hospital.
A volta sucede cando enferma a súa nai e tenta axudar á súa irmá puntualmente no coidado da proxenitora no hospital.
O pasado familiar e as vivencias da infancia e xuventude vanse desgranando pouco a pouco, como si se tratase dun diario, intercaladas coa vida moi distinta do presente.
Polos ollos do protagonista vemos a relación de gran cariño coa irmá e a máis tensa cun irmán e a cuñada; coñecemos os motivos do distanciamento da nai e a marcha da cidade natal, detalles e recordos da infancia e xuventude... No texto aparecen moitos personaxes, descritos con precisión ou breves trazos, sensacións e sentimentos profundos que en moitas páxinas se tiñen con ironía e humor intelixente.
É unha obra que atrapa desde o comezo e da que moito falamos na última reunión de Balbordo.
Premio narrativa breve Repsol 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario