Esta polémica novela de Janne Teller impresionoume fortemente hai anos e o mesmo lles sucedeu ós distintos compoñentes de Balbordo do grupo de pais e profesores e a un grupo de rapaces de Bacharelato co que tiven ocasión de comentar o libro.
Os rapaces que leron este curso o texto comentaron que non podían deixar de lelo e estaban asombrados polo discurrir da historia.
É difícil sintetizar o libro sen desvelar parte do seu impacto, posto que é iso o que provoca cuando avanzamos na súa lectura: un impacto progresivo, unha forte gradación de sensacións e sentimentos que van medrando en intensidade e dureza.
Un xoven (Pierre Anthon) abandona o colexio, sobe a unha árbore e desde ela filosofa e increpa ós seus compañeiros argumentando que nada hai con sentido. Todos os rapaces reaccionan entón ás súas provocacións intentando convencelo de que a vida está chea de significados e para demostralo idean un plan cargado de consecuencias para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario