O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA no 1º ciclo de ESO



  

O alumnado de 1º e 2º da ESO reuniuse hoxe co fin de poñer en común a lectura de  O misterio dos fillos de Lúa de Fina Casalderrey, un clásico da nosa literatura infantil e xuvenil. O numeroso grupo de participantes concordou en que se trata dunha novela do seu agrado e que llela recomendarían aos seus amigos, coñecidos e, en especial, aos amantes dos animais.

Os estudantes reflexionaron sobre o misterio que esconde a obra e os plans que ideaban os protagonistas co fin de desvelalo. Recordaron os momentos máis cómicos da novela, aqueles que máis lles gustaron e os que menos. Tampouco quixeron despedirse sen imaxinar como podería ser a vida dos protagonistas no futuro
Tania Vázquez

Ningún comentario:

Publicar un comentario