Gustoume moito falar coas rapazas (eran todas mulleres nesta reunión)
deste texto do que a opinión foi unánime: encantoulles, inquietounas, fixo
reflexionar e incluso nalgún caso (que me chamou moito a atención) dixo que
chegara a influirlle moito despois de lelo no seu uso das redes sociais. Hoxe
en día estamos ou podemos estar totalmente vixiados no uso das redes sociais.
Os perfiles creados, a información que proporcionamos directamente ou incluso a
que dan sobre nós sin que sexamos conscientes, os numerosos datos que vai
deixando calquera e que pode seguirse minuciosamente sen dificultade... Esos
temas (dirixidos a un lector adolescente, fundamentalmente) preséntanse
neste interesantísimo libro.
Ademais, plantexa o feito de hasta que punto
estamos vixilados (por cámaras, en lugares públicos nos que non somos
conscientes...) ata onde chega a nosa privacidade e intimidade
Está
editado en Siruela (Colección
Nos gusta saber) e é de Tanya Lloydky. Está ilustrado por Belle Wuthrich.
Todas dixeron que ían recomendalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario