NO, MAMÁ NO. VERITY BARGATE NO GRUPO DE PAIS, PROFES...

Impresionante, desconcertante, misterioso, nalgún momento moi desasosegante é este texto de Verity Bargate editado en Alba editorial que eliximos para comentar na última reunión de curso do grupo de profesores e pais de Balbordo.
O nacemento dun segundo fillo nunha parella que non ten boa  relación desencadena na nai de familia uns sentimentos encontrados sobre a súa maternidade e o seu papel como muller, esposa e nai.
As insatisfaccións, o recordo dun tempo pasado pleno e libre (que volve cando decide retomar o contacto cunha vella amiga da adolescencia) parece que vai encher os espazos grises da súa vida.
Comentamos o modo en que a protagonista se enfrenta á súa maternidade, as  relacións de parella e cos fillos... É unha brevísima novela cun texto intensísimo e inquietante que atrapa desde o primeiro momento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario