Repetimos en Balbordo no grupo de Pais, profes... unha lectura de Núñez Singala.
Despois do noso agradable recordo da reunión de Instrucións para tomar un café, tocoulle o turno a Menú de enganos, libro no que falamos na cea de despedida do curso
Neste caso, preséntase o texto cunha carta moi especial: a dos 20 relatos organizados en:
"Para picar", "Entrantes", "Primeiros", "Segundos" e "Sobremesas".
Son textos de diferente extensión (curtos os "para picar" e máis densos, por exemplo, os "Segundos").
Moi entretidos, todos se relacionan dalgún xeito coa mentira ou o engano. Neles atopamos doses de humor, de reflexión, de crítica... e tamén grandes "porcións" de personaxes e situacións que lle dan moita variedade ó texto.
Recomendable para despedir o curso...
Ningún comentario:
Publicar un comentario