É a primeira vez que lemos un ensaio no grupo de pais, profes e persoal non docente. O libro foi recomendado por un pai que viña de ler esta "Breve historia de la humanidad en los últimos 13000 años" como indica o subtítulo da obra.
Fixemos percorridos por diversos continentes, etapas históricas, razas humanas, comportamentos, costumes... e adentrámonos en cuestións como o motivo polo que uns pobos se desenvolveron dun modo rápido e outros non. O uso das armas, a existencia de enfermidades e os avances tecnolóxicos resumirían dun modo moi rápido os motivos polos que hai tantas diferencias entre unhas partes do mundo e outras.
Deu moito que falar: de especies vexetais, economía, viaxes, modos de vida, pobos conquistadores e conquistados, climas, xeografía...
Deu moito que falar: de especies vexetais, economía, viaxes, modos de vida, pobos conquistadores e conquistados, climas, xeografía...
Ningún comentario:
Publicar un comentario