REUNIÓN NADA. GRUPO 4º ESO (XANEIRO)

 


Nesta volta das vacacións, moito falamos no recreo do argumento deste texto que nunca nos deixará indiferentes ós maiores ou máis novos.

É difícil sintetizar o libro sen desvelar parte do seu impacto, posto que é iso o que provoca cuando avanzamos na súa lectura: un impacto progresivo, unha forte gradación de sensacións e sentimentos que van medrando en intensidade e dureza. 

Un xoven (Pierre Anthon) abandona o colexio, sobe a unha árbore e desde ela filosofa e increpa ós seus compañeiros argumentando que nada hai con sentido. Todos os rapaces reaccionan entón ás súas provocacións intentando convencelo de que a vida está chea de significados e para demostralo idean un plan cargado de consecuencias para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario