NOITE DE VORACES SOMBRAS NO 2º CICLO


Hoxe reunímonos co grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO para reflexionar sobre a lectura da obra de Agustín Fernández Paz Noite de voraces sombras. O alumnado concordou en que se trata dunha novela do seu agrado e que llela recomendarían aos seus amigos/as e coñecidos/as.
En primeiro lugar, xustificamos a motivación do título, baseándonos no argumento da obra. Posteriormente, intentamos guiar os estudantes cara á reflexión sobre a época na que podería estar ambientada. Tal e como advertiron, faise mención a dispositivos electrónicos como o disman, xa en desuso na actualidade, e chamoulles a atención a forma na que concertan citas os protagonistas, pois destacaron que non se fai alusión ao móbil nin ao emprego do Whatsapp. A continuación, os/as participantes comentaron con que personaxes posúen afinidades e imaxináronos dez anos despois. Xa para rematar, realizaron unha opinión crítica, comentando o que máis lles gustou e o que menos, comparando esta obra con outras que leran con anterioridade da autoría do mesmo autor.

Tania Vázquez





No hay comentarios:

Publicar un comentario