MI VERDADERA HISTORIA. GRUPO PAIS-PROFESORES

Deu moito que falar e discutir esta brevísima novela de Juan José Millás editada en Seix Barral.
Narrada desde o punto de vista dun rapaz que, nun arrebato, un día lanza unha piedra desde unha ponte e provoca un accidente no que morren os pais de familia e se salva, con lesións, unha rapaza. Nunca se descubre a verdade pero el vive atormentado polo peso da culpa o resto da súa vida. Ademais, sospeita que os seus pais son coñecedores do accidente pero nunca lle falaron del.
A relación amorosa do xoven coa rapaza que sobreviviu ó accidente do pasado dá á historia certa sensación de desasosego, un punto de misterio e surrealismo.
E de fondo, unha familia rota polas discusións entre os pais, o posterior divorcio e unha tremenda soidade e incomprensión que encerran ás veces os sentimientos humanos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario