OJOS Y ESPÍAS. NO GRUPO 2

Gustoume moito falar coas rapazas (eran todas mulleres nesta reunión) deste texto do que a opinión foi unánime: encantoulles, inquietounas, fixo reflexionar e incluso nalgún caso (que me chamou moito a atención) dixo que chegara a influirlle moito despois de lelo no seu uso das redes sociais. Hoxe en día estamos ou podemos estar totalmente vixiados no uso das redes sociais. Os perfiles creados, a información que proporcionamos directamente ou incluso a que dan sobre nós sin que sexamos conscientes, os numerosos datos que vai deixando calquera e que pode seguirse minuciosamente sen dificultade... Esos temas (dirixidos a un lector adolescente, fundamentalmente)  preséntanse neste interesantísimo libro. 
Ademais, plantexa o feito de hasta que punto estamos vixilados (por cámaras, en lugares públicos nos que non somos conscientes...) ata onde chega a nosa privacidade  e intimidade 
Está editado en Siruela (Colección Nos gusta saber) e é de Tanya Lloydky. Está ilustrado por Belle Wuthrich. 
Todas dixeron que ían recomendalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario