ESPERANDO A M. BOJANGLES. BALBORDO PAIS, PROFESORES...

O libro elixido para novembro no grupo de profesores e pais (na foto nunha cea antes de iniciar a reunión) foi o de Olivier Bourdeaut, Esperando a Míster Bojangles, editado en Salamandra.
É unha novela moi orixinal, imaxinativa, disparatada, fresca... narrada con tenrura. A excentricidade e a loucura reinan nunhas páxinas cun contido difícil de sintetizar sen adiantar partes da historia que se van descubrindo pouco a pouco mentras se avanza na lectura.
Falamos  moito dos protagonistas, unha familia composta por tres membros: un neno (que narra parte da historia dende o seu punto de vista e os seus ollos inxenuos) e os pais, que teñen unha relación totalmente excéntrica, distinta, especial...
Máis dunha hora parrafeamos sobre o carácter dos protagonistas, a familia, as anécdotas mínimas do texto, discutimos sobre o significado último da obra, o poso de felicidade ou tristeza que nos deixa a súa lectura (neste senso houbo opinións moi diversas). O final do libro tamén nos deu para a reflexión
Unha historia de amor, de ausencia de convencións, de fabulación, un xogo continuo dos protagonistas contra o aburrimento...

No hay comentarios:

Publicar un comentario