ESKORIA de A. GÓMEZ CERDÁ NO GRUPO 1.


Este texto de Alfredo Gómez Cerdá sempre resulta impactante para os alumnos. 
Varios dixeron que non lles gustara a violencia de parte do libro nin o vocabulario vulgar; outros comentaron que desafortunadamente en moitos lugares lles pasa a moitos rapaces o que no libro se describe. Fundamentalmente falaron de que os insultos, as ameazas e provocacións poden converter nun inferno unha vida completamente normal.
Tamén nos referimos ó silencio que rodea ás veces ás vitimas, incapaces de defenderse e que non contan co apoio de ninguén.
Coa biblioteca chea de xente no recreo transcurriu a nosa primeira reunión deste grupo do Club de lectura:




No hay comentarios:

Publicar un comentario