LA LECCIÓN DE AUGUST. PALACIOS

Cando os alumnos de 1ºEso subiron os primeiros días á Biblioteca, unha das alumnas (do Club de Lectura) comezou, espontaneamente a falarlles ós outros deste libro que a maioría non coñecía. Tanto lles gustou o que ela contou que decidín elixilo como primeira lectura para un dos grupos de 1ºESO do Club de lectura. A sinxela narración do texto apórtalle á novela gran amenidade ó presentarnos un mesmo suceso desde distintos puntos de vista dos implicados. Ademais, o tema debería interesarnos a todos posto que as dificultades que o protagonista sofre, debido a unha deformidade física que condiciona toda a súa existencia, é unha historia totalmente crible.

Os rapaces de 1ºESO falaron de como August vai ó Instituto e alí  enfróntase a un inicial rexeitamento da maioría dos adolescentes (fundamentalmente sinten curiosidade pero fanlle o silenzo ó seu paso) con algunhas excepcións, que lle mostrarán un verdadeiro cariño. Tamén se referiron á amizade desinteresada e á crueldade... Tamén falamos da familia, que sempre o protexera e mimara, que é vista fundamentalmente na súa directa relación cos seus pais e a súa irmá (que o adora pero que, á vez, se sinte mal polas circunstancias do seu irmán).
Queren ler a segunda parte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario