LA LECCIÓN DE AUGUST. R.J. PALACIO

Ten varios méritos este libro destinado fundamentalmente ós xóvenes:
-A súa sinxela e multiperspectivística narración, que lle aporta á novela gran amenidade ó presentarnos un mesmo suceso desde distintos puntos de vista dos implicados. 
-Expón dun modo sinxelo un tema que debería interesarnos a todos: as dificultades que o protagonista da historia sofre, debido a unha deformidade física que condiciona toda a súa existencia. 

August vai ó Instituto e alí  enfróntase a un inicial rexeitamento da maioría dos adolescentes (fundamentalmente sinten curiosidade pero fanlle o silenzo ó seu paso) con algunhas excepcións, que lle mostrarán un verdadeiro cariño. Alí coñecerá a amizade desinteresada e tamén a crueldade e aprenderá importantes ensinanzas vitais. A familia, que sempre o protexera e mimara, é vista fundamentalmente na súa directa relación cos seus pais e a súa irmá (que o adora pero que, á vez, se sinte mal polas circunstancias do seu irmán).
Unha historia variada, enriquecedora... de moi recomendable (e doada) lectura para os xóvenes.
De todo iso falamos na Biblioteca na nosa reunión co grupo de rapaces de 1º e 2º ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario