RECINTO GRIS DE LEDICIA COSTAS. ÚLTIMO LIBRO DO CURSO!!!

E con este libro de Ledicia Costas finalizamos as reunións de Balbordo por este curso.
A visita da autora ó centro no pasado mes fíxonos elixir este libro para rematar...
A varios dos alumnos non lles convenceu do texto a existencia de moitos elementos fantásticos e foi o que máis criticaron da historia. Gustoulles especialmente o personaxe da nena protagonista, a súa valentía e tamén o comportamento do seu amigo albino e por suposto do avó inventor.
Un libro para reflexionar, que denuncia a dominación duns homes sobre outros simplemente porque se queren eliminar as diferenzas que non se aceptan.

NO, MAMÁ NO. VERITY BARGATE NO GRUPO DE PAIS, PROFES...

Impresionante, desconcertante, misterioso, nalgún momento moi desasosegante é este texto de Verity Bargate editado en Alba editorial que eliximos para comentar na última reunión de curso do grupo de profesores e pais de Balbordo.
O nacemento dun segundo fillo nunha parella que non ten boa  relación desencadena na nai de familia uns sentimentos encontrados sobre a súa maternidade e o seu papel como muller, esposa e nai.
As insatisfaccións, o recordo dun tempo pasado pleno e libre (que volve cando decide retomar o contacto cunha vella amiga da adolescencia) parece que vai encher os espazos grises da súa vida.
Comentamos o modo en que a protagonista se enfrenta á súa maternidade, as  relacións de parella e cos fillos... É unha brevísima novela cun texto intensísimo e inquietante que atrapa desde o primeiro momento.

XORNADAS CLUB DE LECTURA 2018

O pasado 1 de Xuño foron as XI Xornadas dos Clubs de Lectura de Galicia, nas que se convoca ás persoas que coordinamos diferentes clubs nos centros de ensino.
Fíxoselle a entrega do Premio do Club de Lectura 2018 ó poeta Carlos Negro. Neste enlace pode verse tamén a síntese do Programa.
Parece que foi onte cando en moitos lugares de Galicia comezamos a experiencia de compartir lecturas e xa van once anos! 

EL LÁPIZ MÁGICO DE MALALA EN BALBORDOBIS






Quen é Malala? Deso falaremos o mércores na Biblioteca.
Espérovos o mércores...

E, feita a reunión, falamos de quen é Malala, que fixo, onde vivía, que dificultades teñen as nenas coa educación... Tamén o relacionamos con outros libros que lemos e comentamos noutras reunión de BalbordoBis.

A CABEZA DE MEDUSA. M. ALEIXANDRE. ALUMNADO 2ºESO



Este libro de M. Aleixandre é tan absolutamente recomendable!!! 
Os rapaces de 2º ESO e 3º que asistiron á reunión comentaron que era un tema moi de actualidade o que trataba. Pareceulles moi duro todo o narrado na novela pero coincidiron en dicir que eran temas dos que hai que falar moito e sobre os que hai que reflexionar.
As actitudes dos compañeiros das mozas, as dos profesores, as do entorno en xeral foron as ideas das que máis falaron. Tamén o recreo nos deu para comentar como habería que actuar neses casos e tamén para falar un pouco de mitoloxía (referido ó título do libro).
Un moi bo libro para un Club de lectura.

CUENTOS SILENCIOSOS. ALUMNADO PMAR

Sempre resulta marabilloso compartir este fascinante libro, de Benjamín Lacombe, que nunca deixarei de recomendar e utilizar...
Sen unha palabra provoca tantas emocións, asombros e verdadeira sorpresa entre o alumnado que os pon a falar inmediatamente dos contos que coñecen xa ou se mostran interesados polos que descoñecen e alguén empeza a narrar ou hai que buscar.
Pinocho, Caperucita, Alicia, Barbazul, Peter Pan...
Un libro absolutamente delicioso.




LAS VÍRGENES SUICIDAS. J. EUGÈNIDES. GRUPO PAIS, PROFESORES...


Había tempo que tiñamos pendente neste grupo de adultos a lectura da novela de Jeffrey Eugènides, Las vírgenes suicidas.  
As opinións sobre o libro foron moi diversas. Deu moito para falar o posible motivo do suicidio das xoves (feito que se coñece xa dende a primeira páxina da historia), o comportamento social e familiar das rapazas, a agobiante situación de control na que se atopaban e os sucesivos suicidios das 5 mozas en pouco máis dun ano.
Tamén nos referimos ás técnicas narrativas usadas para desenrolar a historia. A fascinación por ese acontecemento macabro e polos misteriosos comportamentos das mozas levan a un narrador (en 1ª persoa do plural) a relatar sucesos, anécdotas, detalles mínimos... da vida desas mozas que continuamente parecen vixiadas por observadores externos fascinados polas súas rarezas. 
Unha moza sempre vestida de noiva, outra que copula no tellado, a casa familiar que se vai deteriorando a medida que suceden as mortes... son algúns aspectos do libro que, con continuos saltos ó pasado e numerosos personaxes, envólvenos cun misterio sobre uns feitos macabros e inexplicables observados dun modo obsesivo.


EL IGLÚ. BALBORDOBIS


Na anterior reunión de BalbordoBis falamos de El mapa de los buenos momentos. Antes de iniciar a reunión deste mes (que foi en maio) recordeilles que lles mostrara Refugiada (libro do que falaramos en PMAR) e pedinlles que relación podía haber entre eles. A continuación, contrastámolo con este álbum de J.López Moya e Zuriñe Aguirre (ilustrador do que xa comentaramos o estupendo Martín Gris).
É unha reflexión impactante sobre a invisibilidade á que  moitas veces toda a sociedade somete á xente que nos rodea e nos que non se repara nin un momento. É un alegato contra a indiferencia e creueldade que  frecuentemente está presente na sociedade, cada vez máis egoísta, insensibilizada... con tanta traxedia que nos fai nin pararnos un momento a pensar. Nun pobo, de repente, aparece un iglú, que atrae a atención de todos pero de repente o novo substitúese por total indiferencia.
Encantoulles... En breve, nos deixarán os seus comentarios.
Grazas a Carmen por querer saír na foto cos tres libros despois da última reunión do mércores!!!

BALBORDO ABRIL-MAIO. A LENDA DE S. JONES/ A HISTORIA DE JULIÁN. 1º ESO

Cantos dificultades tivemos para reunirnos debido a exames, excursións... Houbo que cambiar datas de reunión continuamente!
Os alumnos do grupo 2 comentaron o libro que xa leran hai meses o do 1. Os comentarios foron na mesma liña daquela reunión e indicaron que La historia de Julián é un moi bo libro que todos os rapaces deberían ler. A historia ofrece outro punto de vista diferente polo que foi moi interesante comparar os enfoques dos distintos personaxes e seguir a falar tamén de August e os seus problemas.
No caso do cómic A lenda se Sally Jones pareceulles moi doado de ler pero moi, moi triste. Sally Jones é un animal desgraciado e afortunado, á vez, por varios motivos... É unha historia con misterio, aventura, moitos personaxes e situacións que deron moito para comentar.

ESO NO ES AMOR. MARINA MARROQUÍ. GRUPO ALUMNOS 2º-3º ESO

Este foi o texto elixido para a reunión do grupo de 2º e 3º de Eso e foi un total éxito a proposta. 
Non só o leron os compoñentes de Balbordo senón que moitas alumnas (mulleres) esperaron a que os exemplares fosen devoltos para pedir o libro. Funcionou o boca a boca...
No libro reflexiónase sobre os estereotipos asociados ó amor en libros, películas, actuacións diarias... trátase o tema da autoestima e como traballala. Pásase revista a discriminacións presentes ata datas moi recentes e incluso na actualidade.
Hai que ser moi críticos coas desigualdades que percibimos continuamente e fai falla previlas detectándoas inmediatamente.
De todo esto falamos en Balbordo.

OS NENOS DA VARÍOLA. MARÍA SOLAR. EN BALBORDO PAIS-PROFES...

Cheguei a este libro de M. Soler, editado en Galaxia, por casualidade tras escoitar unha entrevista radiofónica á súa autora. Chamoume a atención un dato que descoñecía totalmente:  a expedición (real) no comezo do s. XIX a América con 22 pequenos orfos que serán utilizados para vacinar masivamente da varíola en América. Comentándoo con outra compañeira de Ciencias decidimos poñelo en Balbordo.
Falamos de que a durísima vida nos orfanatos, como eran deixados os rapaces... é unha parte moi dura pero maxistral. Os nenos están a cargo dunha muller, Isabel, nai solteira que rexenta o orfanato, volcándose cos pequenos, e vive co seu fillo.
Historias concretas e persoas duras e tenras. Exemplos de superación persoal (impresionante o neno Ezequiel e o seu afán por mellorar). Nunca época de virulencia da varíola embarcan a uns nenos anónimos a América para erradicala...
Aventura, valentía e sensibilidade aúnanse neste marabilloso libro do que falamos no grupo de pais e profesores.

COMETAS EN EL CIELO. NOVELA GRÁFICA. GRUPO 3


Unha novela gráfica dura, unha historia de traición, covardía e amizade, moitos temas variados (relacións familiares, violación de dereitos humanos, emigración, cueldade, esperanzas, redencións, oportunidades, amizade, amor...) que nos invitan a reflexionar en grupo.
Non os deixou indiferentes, antes da reunión foron varios os alumnos do Club que se me acercaron polos pasillos para comentarme algo do libro e falaron moito tamén na reunión dos temas mencionados ó comezo desta reseña.
Moitos animáronse a ler a novela íntegra tras disfrutar da novela gráfica, que lles encantou... 
Tamén deixamos aberta a posibilidade de ver a película.

A LENDA DE SALLY JONES. J. WEGERIUS. GRUPO 2. PRIMEIRO CICLO DE ESO

Cando rematei este libro de Jakob Wegerius  volvín lelo, do que me gustou, así que me pareceu que sería unha lectura axeitada para o alumnado de primeiro ciclo, e así foi...
É unha historia con tintes moi tristes, con situacións que reflicten as inxustizas e deslealtades coas que nos atopamos ó longo do camiño vital. Pero tamén é un canto á confianza, á esperanza e ós afortunados camiños que o azar nos proporciona ás veces. E iso, cando se trata de amizade, agradécese... por iso falamos deses detalles en Balbordo e miramos e remiramos as ilustracións.
Podedes atopar este estupendo libro na editorial Sushi Books.

LA HISTORIA DE JULIÁN. GRUPO 1 PRIMEIRO CICLO ESO.

Os propios alumnos pediron ler este segundo libro da serie que comeza con La lección de August. 
Si naquel texto coñeciamos a problemática, e o punto de vista, do xoven August, do que provocaban rexeitamento os seus rasgos físicos, na Historia de Julián falamos da visión de J., o principal responsable do acoso sufrido por August no colexio.
Neste libro, Julián da unha visión complementaria á dada por August na anterior novela que xa comentaramos a principio de curso en Balbordo.
Falamos das reaccións da familia de J. e especialmente do papel relevante da súa avoa Sara, que será a encargada de facerlle ver ó seu neto a gravidade dos feitos  que lle está narrando.
É un libro educativo, sinxelo e moi interesante.

EL MAPA DE LOS BUENOS MOMENTOS.. BALBORDOBIS

Un marabillos álbum de Fran Nuño y Zuzanna Celej foi o elixido para traballar en BalbordoBis.
No texto, o protagonista, Zoe, explica a súa marcha por causa da guerra; por iso vai marcando nun mapa os lugares especiais nos que algunha vez se sentiu feliz, á vez rememora os bos recordos.
Precioso modo de expresar de maneira gráfica o baleiro que vai deixar o abandono.

EL LECTOR. B- SHINK. LECTURA PAIS, PROFESORES...

Esta lectura escrita por B. Shink propúxoa xa hai meses unha profesora do grupo. Todos disfrutamos deste texto, do que tamén temos pensado poñer a película na Biblioteca.
A historia do rapaz de 15 anos (Michael) que coñece casualmente a unha muller de 36 anos cando se atopa mal ó volver do colexio enche unhas páxinas nas que a relación sexual de ditos personaxes vai tomando corpo xunto coas lecturas sucesivas que ela lle pide ó xoven que lle lea sempre. Os meses de intensa e misteriosa relación sucédense ata que ela desaparece misteriosamente.
Moitos anos despois, cando Michael vai a un xuicio (estudia para avogado) descubre que unha das acusadas como criminal de guerra nazi é Hanna.
Pasado, presente, horror, asombro e a forza dos sentimentos... agóchanse nun texto intenso.


1 BIOGRAFÍA DE F. KHALO DO LIBRO: LAS CHICAS SON GUERRERAS E UN ÁLBUM ILUSTRADO DE FRIDA EN PMAR3-FEBREIRO

A biografía de Frida K. incluída no estupendo libro Las chicas son guerreras e o marabilloso álbum ilustrado-troquelado de B. Lacombe sobre a vida da gran pintora foron os elixidos esta vez para traballar co alumnado de PMAR3.

Encantounos a experiencia. Ningún dos alumnos coñecía a Frida así que estas lecturas foron todo un agasallo para eles, que quedaron impresionados, como inmediatamente confesaron.
Relemos, tocamos as ilustracións, comparamos con cadros e, en definitiva, disfrutamos con este agasallo ós ollos e á imaxinación.

E RECÓRDOVOS... QUE PODEDES SOÑAR EN CORES

Moitas veces teño pensado que as cores dos libros materiais que caen nas nosas mans poden atraparnos entrando "polos ollos".
Bonitos soños...










BALBORDO PAIS, PROFES... EL LECTOR.


EU SON SULEIMÁN. ANTONIO LOZANO

Elixín este texto para o alumnado de 2º e 3º ESO porque creo é un libro que impacta. E non me equivoquei, impresionoulles a todos e encantoulles.
Narrado por un xove inmigrante que está no noso país e conta como foi o seu periplo desde que fuxiu buscando un futuro mellor en Europa e percorreu nun autobús unha gran distancia chea de perigos, cruzando o Sáhara. Miles e miles de  Km xunto con outros compañeiros ata un desenlace final no que non se consigue o obxectivo perseguido...
Un libro duro, impactante, bo para reflexionar sobre os medos, as dificultades, os soños... que teñen miles de persoas que con valentía buscan unha vida nova na que ás veces só atopan a incomprensión, a soidade e a explotación. Un texto tamén que ofrece un raio de esperanza.
Excelente para reflexionar cos rapaces sobre os dereitos humanos.

LA LECCIÓN DE AUGUST. PALACIO

Foi un pouco accidentada a reunión deste libro posto que tivemos que facer varios cambios debido a unha excursión, algúns alumnos non se enteraron... así que non tivemos moita concurrencia esta vez aínda que sei que lles encantou porque todos piden xa ler o segundo libro deste autor.
Penso que este texto, que xa utilicei co alumnado en varias ocasións, exerce un embruxo sobre eles pola figura do protagonista e polo ameno modo de ser contada a historia. Na reunión atopeime coa afirmación dunha alumna, gran lectora, que dixo era o libro que máis lle gustara na súa vida.
La lección de August sempre é unha aposta segura para falar co alumnado de 1º ciclo.


A CASA DO MEDO. A FERNÁNDEZ PAZ.

Foron moi distintas as opinións escoitadas no grupo 1 de 1º de Eso sobre este libro póstumo de A. Fernández Paz. Xa leran Cartas de inverno e todos dixeron que lles gustara moito máis que o proposto en Balbordo.
Deste texto comentamos o misterio que hai desde o comezo, falamos dos elementos fantásticos da historia, do protagonista, que lembra o que lle pasou na súa infancia. Portas, un amuleto, bosques cunha maldición... son algúns dos elementos desta historia editada en rodeira.
Non se poñían de acordo no que lles gustara e o que non polo que houbo opinións moi diversas sobre este libro.

BALBORDO XANEIRO PAIS-PROFES... LA RIDÍCULA IDEA DE NO VOLVER A VERTE (ROSA MONTERO)


Recordo ler esta novela de Rosa Montero hai anos como un texto que me impactou; por iso a propuxen para Balbordo.
Os detalles da biografía de M. Curie son recreados pola imaxinación de Rosa Montero, que tamén intercala con aqueles datos algúns aspectos personais da súa propia biografía (en relación coa enfermidade e morte do seu home).
A valentía de Curie, a súa intelixencia, a paixón por vivir e descubrir... sitúana como unha muller excepcional para a época que lle tocou vivir. Igual que lle sucedeu a outras mulleres, os sesus logros profesionais chegaron tras esforzos moi costosos para demostrar unha valía que (en moitoss casos) se fose un home se daría por suposto e non habería xa necesidade de loita.
O carácter paixoal da científica obsérvase, por exemplo, noutra relación que resultou escandalosa para a súa época: anos despois da morte do esposo ligouse sentimentalmente a un home casado (tamén científico). Outros aspectos tratados na obra son por exemplo a relación coas súas fillas, a estreita complicidade co seu home, a insoportable dor tras a morte, as dificultades económicas, as loitas incansables, a precariedade no traballo... foron aspectos que comentamos con moita calma na reunión-cea de comenzo de ano.
Ó final da novela vai o diario que M. Curie redactou tras a morte do esposo.

MARTÍN GRIS. ZURIÑE AGUIRRE. EN BALBORDOBIS


Na editorial Fun Readers está editado este fabuloso álbum de Zuriñe Aguirre do que falamos no grupo de BalbordoBis contando coa axuda do Departamento de Orientación do centro.
Martín é un neno sempre preocupado polo que lle poda pasar e por como reaccionarán os que o rodean. Inquiétalle que lle podan saír ramas, por exemplo, que lle medre tremendamente o nariz... pero para todos os seus medos a súa nai ten unha estupenda resposta. 
Un fermoso canto ó respecto e ás diferenzas.


E todos rematamos falando en BalbordoBis dos nosos medos, das inquedanzas, dos sentimentos que nos provocou a lectura e as imaxes...
Os rapaces contarán a súa opinión...

OUTRA LECTURA EN PMAR: ¿QUÉ SERÁ DE TI? ALEXANDRA/ DANIEL MIZIELINSCY

Que ben o pasamos comentando este álbum! Déunos para falar, rir, imaxinar, sorprendernos, descubrir...comentando as distintas profesións que aparecen nel.



Neste libro expóñense diferentes traballos e profesións do máis orixinal e divertido.


Os adxectivos que máis usaron para resumir o texto poposto foron: curioso, ameno e moi moi interesante.


E, de paso..., ocurríronsenos varias profesións que serían moi entretidas.