REUNIÓN VIRTUDES (E MISTERIOS). NO GRUPO DE PROFESORES

 

Falar de emigración en Galicia é percorrer un amplo camiño de soidades, novas vivencias, loitas, abandonos e, especialmente, desexos de mellorar e avanzar. Deso falamos na reunión de Balbordo do grupo de profesores. O libro permitiunos dialogar sobre ese fenómeno que marcou as vidas de moitos habitantes galegos xa desde o século XIX.

Nesta novela de Xesús Fraga o autor relata (en primeira persoa) a historia de emigración da súa familia, centrada na figura da loitadora avoa que debe emigrar a Londres moi nova (partindo de Betanzos), despois de que o seu marido tamén marchara a Venezuela e non volvera dar sinais de vida. No texto, ademais desa historia da loitadora/traballadora muller, faise un percorrido polos familiares de dúas xeracións que viviron esta experiencia en diferentes anos (o propio autor, neto daquela emigrante, e os seus pais, que tamén traballaron  no Reino Unido). 

De fondo sempre está a morriña polo que queda atrás, as dificultades cun novo entorno que descubrir e ó que adaptarse así como as vivencias dos que se foron e os que quedan: un ir e vir de sentementos e, neste caso tamén, de segredos de familia que sorprenden ó lector e ós propios protagonistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario