XORNADAS DOS CLUBES DE LECTURA EN SANTIAGO.

O 7 de xuño os distintos coordinadores de Clubs de lectura de Galicia asistimos, na EGAP, á XII Xornada dos Clubs de lectura.

Cabe subliñar que se presentou o estudo sobre os clubs galegos realizado por José Antonio Millán, a través da Asesoría de Bibliotecas escolares. Neste enlace pode verse, nun marcapáxinas, o programa das diferentes propostas ofertadas.

Tamén se entregou o Premio dos clubs de lectura 2018 a María Reimóndez, como autora máis lida o curso pasado.

Puidemos constatar que, ano tras ano, as propostas lectoras desenvolvidas nos diferentes centros supoñen un pulo de dinamización nos centros e unha oportunidade para crear ambientes lectores entre os diferentes compoñentes da comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario