BALBORDO PAIS-PROFESORES



Hombres sin mujeres son 7 historias (a última é a que lle dá título ó libro) de Murakami editadas en Tusquets. O tema de todas elas é, en resumo, as relacións amorosas que deixaron de selo xa e conlevan un sentimento de soidade, vacío, perda ou incomprensión por parte dos homes que as viviron. 
Silencios que envolven e evitan a posibilidade de comunicarse é a sensación máis nítida que parece queda tras a lectura destes relatos, dos que falamos sen poñernos de acordo e ós que me referirei moi  brevemente. Do que máis debatimos foi: "Sherezade" sobre un home que vive só e que mantén unha curiosa relación coa muller que lle coida a casa, con ela déitase e sempre recibe a narración dunha historia que queda interrumpida. Tamén nos detivemos en: "Un órgano independiente" sobre un doutor que leva unha axetreada, e discreta, vida amorosa e que de pronto coñece a unha muller que provoca nel un cambio brutal de comportamento. En "Kino" o protagonista rexenta un bar de jazz ó que acude unha muller marcada por inquietantes queimaduras e un gato (tamién típico do "universo" Murakami). Unha homenaxe a Kafka se observa en "Samsa enamorado", magnífico conto con tintes oníricos e surrealistas. En "Drive my car" un home contrata a unha xoven de chófer e vaille relatando a súa vida e peculiar relación cun antiguo amante da súa muller co que quixo contactar. "Yesterday" presenta o curioso interés de un xoven que pretende que un gran amigo salga coa súa noiva. "Hombres sin mujeres" é un simbólico relato que se refire ó que un hombe perde cando se queda sen un amor ó que algunha vez amou; o temor a amar e logo perder.
Amores non correspondidos, estraños encontros nos que o desamor se volve protagonista en relatos nos que a falta de comunicación, as expectativas non cumpridas (polas perdas fundamentalmente) ocupan todo o espazo vital. Ede fondo ese universo onírico, ás veces desasosegante e evocador que tanto caracteriza a este autor do que falamos este mes en Balbordo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario