LA VIDA EN LA PUERTA DE LA NEVERA. GRUPO1


Levo moitos anos comprobando que este libro de Alice Kuipers é un éxito entre o alumnado de 1º ciclo no noso centro polo que decidín que o leramos en Balbordo. Algún confesou que lle fixo chorar algunha parte do texto.
Unha nai e a súa filla adolescente comunícanse mediante notas breves que sintetizan os agobios de cada unha, as inquedanzas, os reproches, a rutina diaria e a incomunicación.
Cando o tono das notas cambia (pola enfermidade da nai) todo se vai precipitando: asumir a dor dunha posible perda, recuperar o tempo perdido, disfrutar do pracer de compartir... son algunhas das reflexións que nos pode aportar este recomendable texto
Penso que deixa unha sensación de optimismo e tamén de desasosego que nos acompaña en todo o relato. Unha historia que chega a todos porque é entretida, breve e (fundamentalmente) trata un tema duro, que fai pensar.
Non se deron conta os alumnos de que lendo o título de cada capítulo hai un pequeno poema:"Cuando te miro/ veo a la mujer que quiero ser:/ fuerte y valiente,/ hermosa y libre".

No hay comentarios:

Publicar un comentario