EL FUTURO ES FEMENINO. GRUPO2


Este Álbum editado en Nube de Tinta. con ilustracións de Ana Santos, Agustina Guerrero, Amaia Arrazola, Lady Desidia, Naranjalidad, Laura Agustí, Elena Pancorbo,María Hesse, e con texto de Sara Cano, foi o elixido para o grupo de 2º ciclo.
Son oito contos breves, ilustrados magníficamente, nos que as situacións cotidianas que se nos presentan resultan totalmente recoñecibles para calquera muller, e iso mesmo dixeron as rapazas (que foron todo mozas na reunión deste mes).
As inxustizas asociadas ás veces á pertenza ó xénero feminino, os tópicos, as imposicións, as limitaciones... son temas dispersos nestes relatos pero que configuran unha visión unitaria: a da búsqueda da non discriminación, a igualdade, a confianza nas  propias posibilidades e, especialmente, unha mirada positiva cara o futuro.
Cada rapaza comentou cal fora o seu relato preferido.
O 5% dos beneficios do libro van á ONG InteRed.

No hay comentarios:

Publicar un comentario