CANDO NON ATOPAS A TÚA CASA. EN BALBORDOBIS


As ilustracións deste álbum recórdanme, en certa maneira, nalgún aspecto da temática, a un libro da mesma editorial (OQO): A grande viaxe.

O medo a medrar, a perderse, a non atopar un lugar definido... en definitiva, a falta de protección do exterior frente ó refuxio da propia casa.
Así comeza o texto:

"Ás veces pérdeste na noite
e non atopas a túa casa.
Por un bosque descoñecido
camiñas sen rumbo.
Non sabes onde ir..."


Libro cheo de metáforas e de símbolos sobre as viaxes ou os camiños que na fantasía ou na realidade hai que percorrer.
E iso fixemos en BalbordoBis... percorrer camiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario