LAS VÍRGENES SUICIDAS. J. EUGÈNIDES. GRUPO PAIS, PROFESORES...


Había tempo que tiñamos pendente neste grupo de adultos a lectura da novela de Jeffrey Eugènides, Las vírgenes suicidas.  
As opinións sobre o libro foron moi diversas. Deu moito para falar o posible motivo do suicidio das xoves (feito que se coñece xa dende a primeira páxina da historia), o comportamento social e familiar das rapazas, a agobiante situación de control na que se atopaban e os sucesivos suicidios das 5 mozas en pouco máis dun ano.
Tamén nos referimos ás técnicas narrativas usadas para desenrolar a historia. A fascinación por ese acontecemento macabro e polos misteriosos comportamentos das mozas levan a un narrador (en 1ª persoa do plural) a relatar sucesos, anécdotas, detalles mínimos... da vida desas mozas que continuamente parecen vixiadas por observadores externos fascinados polas súas rarezas. 
Unha moza sempre vestida de noiva, outra que copula no tellado, a casa familiar que se vai deteriorando a medida que suceden as mortes... son algúns aspectos do libro que, con continuos saltos ó pasado e numerosos personaxes, envólvenos cun misterio sobre uns feitos macabros e inexplicables observados dun modo obsesivo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario