BALBORDO XANEIRO PAIS-PROFES... LA RIDÍCULA IDEA DE NO VOLVER A VERTE (ROSA MONTERO)


Recordo ler esta novela de Rosa Montero hai anos como un texto que me impactou; por iso a propuxen para Balbordo.
Os detalles da biografía de M. Curie son recreados pola imaxinación de Rosa Montero, que tamén intercala con aqueles datos algúns aspectos personais da súa propia biografía (en relación coa enfermidade e morte do seu home).
A valentía de Curie, a súa intelixencia, a paixón por vivir e descubrir... sitúana como unha muller excepcional para a época que lle tocou vivir. Igual que lle sucedeu a outras mulleres, os sesus logros profesionais chegaron tras esforzos moi costosos para demostrar unha valía que (en moitoss casos) se fose un home se daría por suposto e non habería xa necesidade de loita.
O carácter paixoal da científica obsérvase, por exemplo, noutra relación que resultou escandalosa para a súa época: anos despois da morte do esposo ligouse sentimentalmente a un home casado (tamén científico). Outros aspectos tratados na obra son por exemplo a relación coas súas fillas, a estreita complicidade co seu home, a insoportable dor tras a morte, as dificultades económicas, as loitas incansables, a precariedade no traballo... foron aspectos que comentamos con moita calma na reunión-cea de comenzo de ano.
Ó final da novela vai o diario que M. Curie redactou tras a morte do esposo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario