EL DIARIO DE LAS CAJAS DE FÓSFORO. PAUL FLEISCHMAN-B.IBATOULLINE

Cando atopo un álbum que me enamora intento compartilo cos meus alumnos. Neste caso tratouse do libro de P. FleiscHman e B. Ibatoulline, da Editorial Juventud. As súas ilustracións e a tenra historia fíxonos estar moi atentos a todo o pequeno grupo de alumnos de PMAR2.
A neta, que  visita ó seu bisavó, descubrirá o que este garda coidadosamente dende a súa infancia: recordos agochados en caixiñas. Cada un deles evócalle un interesante episodio da súa vida, da que hai moito que aprender. Unha existenza trenzada con pequenas pezas que encerran moitos significados para o que as atesorou.
Precioso.
Estas foron algúns dos adxectivos cos que calificaron a historia os sete rapaces despois de comentar o libro:
"Añoranza. Tristeza. Melancolía. Emocións. Empatía"

No hay comentarios:

Publicar un comentario