UNA FORMA DE VIDA. AMÉLIE NOTHOMB

Esta corta novela de Amélie Nothomb, formulada en gran parte como xénero epistolar, atrapoume pola súa axilidade, a súa temática, a sutil psicoloxía na presentación do personaxe principal... Nembargantes, non houbo na última reunión do grupo de profesores-pais a mesma opinión sobre este texto, que non despertou tanto interese como eu pensaba.
O intercambio de cartas entre a escritora e un home, soldado en Irak, que lle conta a súa vida e o estado ó que chegou (ten unha obesidade mórbida, á que considera unha forma de rebeldía contra o exército) centra a temática da novela. O xoven, que leu todas as obras da autora, dalle unhas explicacións desde as primeiras misivas que provocan nela gran intriga e curiosidade que a levan a continuar unha curiosa comunicación.
A soidade, a mentira, a ansia de ser escoitado, os soños de ser outros, a reflexión sobre a escritura e a relación autor-lector, a ironía... están presentes neste Una forma de vida da orixinal A. Nothomb.

No hay comentarios:

Publicar un comentario