
Pero, diverxencias aparte, que iso é parte da gracia das nosas reunións, O sol do verán deunos moito que falar. Falamos dos protagonistas, Carlos e Helena, e a súa dilatada relación no tempo, condicionada por un misterio que só coñeceremos ao final. Falamos do contexto histórico, na pusilánime Galiza da posguerra, onde os personaxes máis conservadores como o pai ou a tía censuran a conducta de personaxes sen prexuizos como a nai. Falamos tamén do feito de ser a derradeira obra que escribiu Carlos Casares.
E falando, falando... dímonos conta de que o curso remata e haberá que despedilo. Así que aínda queda moito que falar sobre libros e lecturas na cea que faremos a próxima semana os "maiores" de Balbordo. Prometemos fotos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario