Esta polémica novela de Janne Teller impresionoume fortemente hai anos (unha desas lecturas que non puiden abandoar unha vez comezada) e o mesmo lles sucedeu ós distintos compoñentes de Balbordo do grupo de pais e profesores. Durante a cea que acompañou á reunión non podiamos deixar de falar do libro, dos personaxes, das situacións...
É difícil sintetizar o libro sen desvelar parte do seu impacto, posto que é iso o que provoca cuando avanzamos na súa lectura: un impacto progresivo, unha forte gradación de sensacións e sentimentos que van medrando en intensidade e dureza. Un xoven (Pierre Anthon) abandona o colexio, sobe a unha árbore e desde ela filosofa e increpa ós seus compañeiros argumentando que nada hai con sentido. Todos os rapaces reaccionan entón ás súas provocacións intentando convencelo de que a vida está chea de significados e para demostralo idean un plan cargado de consecuencias para todos.

Unha profunda reflexión, unha realidade sobre a que hai que meditar... A autora comenta a súa obra
No hay comentarios:
Publicar un comentario